top of page

HEMORRÁXICA

Prodúcese por unha diminución de eritrocitos debido á perda repentina de sangue, o que conduce a unha falta de células sanguíneas e, como consecuencia, unha deficiencia de osíxeno coa que o noso organismo non pode facer fronte por si só.

QUE FAI O NOSO ORGANISMO AO RESPECTO ?

A perda de sangue é o que leva á perda de eritrocitos, pois son o seu principal compoñente. Para deter o sangrado, as proteínas presentes no sangue encargadas de controlar esa perda, levan a cabo o proceso de coagulación. 

Neste proceso, as paredes do vaso lesionado contráense para que cheguen menos glóbulos a esa zona, polo tanto se perda menos sangue. É nese momento cando as plaquetas se adhiren á zona e forman o tapón plaquetario.  Posteriormente o coágulo de fibrina, que é o que detén o sangrado, porque hai que ter en conta que as plaquetas que xa están adheridas liberan os factores de coagulación que, tras unha serie de reaccións químicas, culmina coa formación da trombina maila fibrina. Nese momento, tanto hematíes como leucocitos quedan atrapados nesa rede de fibrina, e finalmente fórmase o coágulo. 

bottom of page